
Tempos novos, novas tecnoloxías. As Artes Gráficas galegas levan máis de cincocentos anos deixando pegada na vida cotián da nosa sociedade. Unha tradición secular que se viu obrigada a someterse a un proceso de adaptación permanente coa vertixinosa e constante evolución de técnicas e innovacións tecnolóxicas. O sector galego non perdeu o tren e conta na actualidade con procedementos de producción e organización avanzados e modernos.
Mais non podemos esquecer que vivimos na sociedade da información e cómpre, por elo, adoptar as bondades e ventaxas da revolución comunicativa. Esta páxina web podería contarse como unha importante ferramenta informativa e formativa, amais dun inigualable foro de comunicación con provedores, clientes e demais representantes do mundo gráfico.
A Asociación de Empresarios de Artes Gráficas de Galicia avanza hoxe máis unida e dinámica que nunca a través das autopistas da información e da rede de redes Internet.
D. Jacobo Bermejo Barrera